Saturday 04 de May de 2024

A Escola Municipal de Música de Lousame abre o prazo de reserva de praza para o curso 2016/2017 para novo alumnado


A Escola Municipal de Música de Lousame abre o prazo de reserva de praza para o curso 2016/2017 para novo alumnado. O prazo estará aberto ata o vindeiro 29 de xullo no local de ensaio da banda, na Casa da Cultura de Protobravo, ou nos teléfonos 652 808 122 ou 627 128 903. As modalidades ofertadas inclúen óboe, frauta traveseira, clarinete, saxofón, trompa, trompeta, trombón, bombardino, tuba, piano, guitarra, música e movemento (para nenos e nenas de 3 a 6 anos), linguaxe musical e banda de música infantil.